Sábado 16.02.2019

A reforma da rúa do Peto comezará despois do Entroido

Xa ten informe positivo de Patrimonio

Rúa do Peto
Rúa do Peto

Antonio Pérez afirmou hoxe que nunca houbera intención de comezar as obras de reforma da rúa do Peto nas festas do Entroido.

A empresa adxudicataria comezará as mesmas pasadas as festas do Entroido. O que estaba pendente para poder adxudicalas era o informe positivo de Patrimonio, que xa está nas mans do Concello.

A RÚA DA IGREXA PENDENTE DO INFORME

No que respecta a rúa da Igrexa “estamos pendentes dos informes. Xa se fixeron algunhas prospeccións e espérase  que tamén sexan positivos para comezar tamén despois das festas.

Comentarios