Dende a Limia
01:20 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

Os regantes da Limia intercambiaron experiencias cos de Castela e León

O. Ferreiro | 11 de Agosto de 2017 (20:34 h.)
Regantes da Limia visitando as comunidades de Castela e León.
Regantes da Limia visitando as comunidades de Castela e León.

Os pasados días 8 e 9 de agosto, un total de 21 membros das comunidades de regantes da Limia visitaron a comarca do Páramo Leonés para intercambiar experiencias con zonas de regadío de Castela e León. 

Esta actividade está organizada polo Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).

Esta actividade está organizada polo Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), que é a entidade que actualmente axuda como asesor técnico, axudando á xestión das comunidades de regadores da zona da Limia. Contou coa financiación da Consellería de Medio Rural, dentro de programa de "Axudas a intercambios e visitas a explotacións agrícolas", cofinanciadas co FEADER para este ano 2017. 

riegos del duero (3)

Visitouse a sede de FERDUERO, que representa a 133 comunidades de regadores da conca do Douro, onde se recibiron información e experiencias nos trámites previos, obras, organización e administración de comunidades de regadores. A ampla e moi variada experiencia de FERDUERO en todos os pasos a seguir así como na xestión facilitará sen dúbida a toma de decisións en futuras comunidades na Limia e na xestión daquelas que xa están en marcha.

A constitución das catro novas comunidades de regadores na comarca da Limia son iniciativas que perseguen aumentar a competitividade das explotacións agrícolas.

Visitáronse tamén tres comunidades de regadores do Páramo que regan algo máis de 48.000 hectáreas tanto en rega modernizada como en rega a pé.
 
A constitución das catro novas comunidades de regadores na comarca da Limia, na provincia de Ourense: Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo, son iniciativas que perseguen aumentar a competitividade das explotacións agrícolas da comarca da Limia a través dun mellor rendemento dos recursos naturais, incidindo ademáis na protección do medio ambiente. A visita a outras comunidades de regadores, que actualmente desenvolven a súa actividade de forma exitosa, pretende avanzar no uso sustentable da auga, así como de profundar na necesidade de rebaixar o custo da subministración enerxética.

paramo medio (2)

A viaxe que se planificou para os comuneiros da Limia faise imprescindible para crear concienciación ao redor da necesidade de traballar en conxunto e coordinadamente seguindo pautas e horarios. 

paramo alto (2)