Dende a Limia
09:26 h. Miércoles, 17 de Enero de 2018

Rematan esta semana as catas arqueolóxicas na Rúa da Igrexa de Xinzo

O. Ferreiro | 11 de Enero de 2018 (22:57 h.)
Imaxe de arquivo da Rúa da Igrexa, onde se están a acometer as catas arqueolóxicas.
Imaxe de arquivo da Rúa da Igrexa, onde se están a acometer as catas arqueolóxicas.

Os arqueólogos comezaron xa os anunciados traballos de prospección na Rúa da Igrexa –en Xinzo de Limia– e estímase que as catas estarán rematadas xa esta semana. Segundo informou aos medios o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, ata que estas catas estean completamente rematadas, o consistorio non procederá á adxudicación das obras para a rúa. A razón disto é o feito de que exista a posibilidade de que a Dirección Xeral de Patrimonio non permita a realización das obras para preservar o atopado tralas catas e recollido nos informes consecuencia das mesmas.

Con todo, o presidente do goberno local afirmou que no concello xa teñen todo preparado apra lanzar o proxecto no caso de que exista vía libre para o mesmo. O obxectivo é renovar todo o sistema de saneamento e abastecemento, así como o mobiliario urbano e a iluminación. Tamén se acometerá o empedrado destas dúas rús para que manteñan a consonancia co resto da zona histórica da capital da Limia.