Dende a Limia
03:17 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

O remate da Feira de Oportunidades ProLimia

| 12 de Agosto de 2018 (20:09 h.)


Tras dous días cheos de actividades infantís, música, talleres, degustación de pinchos e viño… nos que moita xente pasou pola Feira, ás 21:00 rematou o evento. Ao longo desta fin de semana moita xente pasou pola Feira de Oportunidades e desfrutaron das actividades que se celebraron. 

A Presidenta da Asociación ProLimia, Teresa Martínez, deunos unhas valoracións finais hoxe antes do peche do evento, “estamos moi contentos, as sensacións foron fenomenales: houbo moita xente, moi bo ambiente, moita participación… foi fantástico a verdade, estamos moito contentos.” Tamén nos recordou o desfile de onte “O desfile foi precioso, bonito de ver e moita asistencia.”  Ante a pregunta de que vai ser de ProLimia, Teresa Martínez díxonos “Imos a seguir para adiante, e a partir de octubre ou noviembre farase unha nova asamblea e quen queira que se presente a directiva”. Tamén nos decía “O proxecto ten que seguir adiante, o proxecto é do pobo non de ningunha directiva”. 

20180812_205907

Tamén falamos cos donos de algunhos stands, e todos coincidían en que o resultado foi moi bo e están moi contentos, Marian de Muñeca de Trapo comentábanos que “A feira foi moi ben, e a xente desfrutou de todos os actos”. Remarcou que “eventos como o desfile e a exhibición son cousas que non se adoitan facer en Xinzo”. Os propietarios dos stand están moi contentos pola afluencia de xente e as ventas e por toda a variedade de actividades que houbo, Marian remataba “estivo todo perfecto”. Pola súa conta Belén de Agasallos “Todo moi ben, moi positivo e volverei as próximas que se fagan”, e decíanos “ogallá se fagan unha en inverno e outra en verán”. Belén invitaba os que non viñeron que participe nas próximas feiras que é beneficioso para todos “Eu daríalle máis publicidade o evento para que teñamos aínda máis xente por aquí”.