miércoles 20.11.2019

Retiran un niño de velutina en Morgade

A expectación no pobo foi moi grande

retirada niño velutinas
retirada niño velutinas

Membros de Protección Civil acompañados polos bombeiros de Xinzo trasladáronse esta noite ata Morgade para proceder a retirada dun niño de velutinas.

AVISO ESTA MAÑÁ

IMG-20190908-WA0029Sobre as 11 horas de hoxe domingo recibiuse unha alerta en protección civil de Xinzo para que procederan a retirada dun niño , coa agravante de que preto do lugar onde se atopaba,  viven varias persoas alérxicas as picaduras dás avespas.

reina

Como a retirada non se pode facer ata a que non haxa luz, sobre as 21 horas desprazáronse  ata o lugar membros de protección Civil para proceder a súa retirada. Segundo comentan os membros que procederon a retirada, o tamaño do niño era como o de un balón de balonmán. No pobo houbo moita expectación porque tamén se tiveron que desprazar, como é preceptivo dúas unidades de bombeiros, coa conseguinte “alarma” por parte dos veciños.