Dende a Limia
23:45 h. Domingo, 10 de Diciembre de 2017

Reúnese a comisión de seguimento e coordinación dos regadíos da Limia

O. Ferreiro | 03 de Diciembre de 2017 (21:52 h.)

Na mañá de hoxe, en Ourense, tivo lugar a reunión da comisión de seguimento e coordinación dos regadíos da Limia. Esta comisión foi constituída polas catro comunidades de regantes –Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo–, ADEGAL, os concellos de Xinzo de Limia, Tramiras e Porqueira e a Consellería do Medio Rural.

ADEGAL solicitará unha reunión coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para tratar os cambios sustanciais e axilizar os tramites administrativos.

Pola localización actual das balsas e das captacións de auga no proxecto, e ante os avances da declaración de impacto ambiental, ADEGAL solicitará unha reunión coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para tratar os cambios sustanciais e axilizar os tramites administrativos, co fin de que as obras de rega comecen na maior brevidade posible.

Dende os seus inicios, ADEGAL sempre tivo na súa liña de traballo a modernización dos regadíos, considerándoos de vital importancia e como futuro do sector agrícola e gandeiro da Limia. Por tanto, as administracións deben levar a cabo o compromiso adquirido e realizar as inversión necesarias para a consecución das infraestructuras reclamadas.