Dende a Limia
19:29 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Ricardo Sieiro terá unha adicación de 35 horas a concellería de Obras Infraestruturas e Urbanismo

| 12 de Abril de 2018 (21:15 h.)
Nova composición da corporación de Xinzo
Nova composición da corporación de Xinzo

Na mañá de hoxe día 12 de abril o novo alcalde López Casas fixo a súa primeira convocatoria de pleno, neste caso extraordinaria,  na que informou aos concelleiros  da nova distribución das comisións informativas, dos compoñentes da comisión de Goberno, dos tenentes de alcalde e as competencias que asume o  novo concelleiro Ricardo Sieiro.

A primeira comunicación foi a das competencias que asumirá ata o final da lexislatura o novo concelleiro sendo as de Obras, Infraestruturas e Urbanismo  cunha adicación parcial de 35 horas semanais e cunha achega por parte das arcas municipais de 1900 euros brutos en 14 pagas incrementándose na cotización a Seguridade Social, por parte do Concello.

Despois deste comunicado deulle a palabra aos membros da oposición os cales foron rexeitando un por un non as competencias se non a adicación que non a ven necesaria. Todos comezaron as súas intervencións dándolle a benvida ao novo concelleiro e felicitando o novo alcalde polo seu nomeamento, cuestión que non puideran facer no pleno anterior.

Logo das intervencións dos portavoces da oposición e do novo portavoz do PP, Manuel Cabas fíxose a votación, facéndoo a favor os nove concelleiros do PP e en contra os sete da oposición, pola falta dun do grupo do PSOE.

NOVOS TENENTES DE ALCALDE E COMISIÓN DE GOBERNO

A continuación o alcalde deu a coñecer os nomeamentos dos novos tenentes de alcalde recaendo o primeiro en Manuel Cabas, que será a súa vez o portavoz do grupo popular no pleno e segunda tenente a Teresa Puga.

Así mesmo notificou a entrada da Sra. Puga na Comisión de Goberno que se reunirá o primeiro día hábil da semana en sesións ordinarias e as extraordinarias que a presidencia crea necesarias.

Por último e para finalizar o pleno o alcalde entregou aos presentes  os nomes dos concelleiros que formarán parte das distintas comisións informativas.