miércoles 23.10.2019

Riscos en internet para adultos na Casa da Cultura de Xinzo

Ciberseguridade, internet e redes sociais

Riscos en internet para adultos na Casa da Cultura de Xinzo

Mañá xoves 10 de outubro  rematarán as xornadas sobre ciberseguridade  que ven organizando o Concello subvencionadas pola Xunta de Galicia e impartidas pola UNED.

A partir dás 19:00 na Casa da Cultura Efrén Varón Gil, membro da Unidade de Ciberseguridad da Garda Civil, falará para os adultos sobre o uso das redes sociais e o emprego responsable por parte dos menores.

Tamén relatará sobre a seguridade nos dispositivos móbiles e os riscos dos datos publicitados en RRSS.

Tamén  tratará sobre os delitos máis frecuentes que se cometen na rede como son as estafas, calumnias, inxurias etc.