Dende a Limia
18:02 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Rouban calzado e ferramentas nun alpendre de Xinzo

O. Ferreiro | 30 de Octubre de 2017 (23:03 h.)
imaxe aérea de Xinzo de Limia.
imaxe aérea de Xinzo de Limia.

O roubo produciuse o pasado luns pola madrugada. Os delincuentes forzaron e cortaron unha verxa para poder acceder ao alpendre agrícola onde se atopaba o material. A nave estaba situada no medio dunha finca, afastada da vivenda da dona, que se percatou das substraccións dous días despois do roubo. 

Os ladróns fixéronse con diversas ferramentas, calzado e chatarra no almacén, propiedade dunha veciña de 45 anos que comprobou como a entrada ao alpendre fóra cortada por varios puntos para facilitar o acceso dos ladróns.