Dende a Limia
00:06 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

A sardiña ardeu entre os choros das plañideiras

| 14 de Febrero de 2018 (23:22 h.)

Instantánea - 119

A hora prevista a “sardiña” saiu en procesión dende a praza Maior que xa estaba ateigada de público asistente as honras fúnebres para despedir os días de entroido e adentrarse a partir de hoxe na cuaresma.

As choronas, xunto coas “autoridades” acompañárona no último percorrido, para despois esoitar as sátiras do pregón do enterro que como de costume non deixaron títere con cabeza. Os acontecementos de todo o ano na nosa vila, foron aparecendo un tras outro,  pasando polos políticos e rematando cos acontecementos do propio entroido deste ano.

A continuación prenderonlle o lume purificador rematando así o ciclo do entroido, quedando solamente o domingo de piñata.

Instantánea - 124Instantánea - 122Instantánea - 121Instantánea - 116