Dende a Limia
01:18 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

Ses fixo cantar e bailar a Xinzo

O. Ferreiro | 06 de Agosto de 2017 (22:03 h.)
Un momento do concerto de Ses no Festival FAX.
Un momento do concerto de Ses no Festival FAX.

Malia que esta volta do Festival FAX á nosa terra –tras 10 anos parado– non chegou a encher a Alameda do Toural de espectadores, foi unha noite máxica na que Xinzo de Limia voltou desfrutar dun festival de música alternativa de seu.

Segundo se ían achegando as 22:00 horas, o recinto foise enchendo de cada vez máis xente para escoitar a Ses.

A noite comezaba ás 20:30 horas co concerto das Conhadeiras, un grupo de música tradicional galega que non deixou indiferente a ninguén. Mais segundo se ían achegando as 22:00 horas, o recinto foise enchendo de cada vez máis xente, que ía agarrando unha cervexa ou un licor café para se preparar para o concerto dunha das artistas máis recoñecidas do panorama musical galego actual. Ses comezou puntual. Algo máis de hora de e media na que desgranou boa parte do seu repertorio –catro discos xa no mercado–. 

IMG_5716IMG_5714

O público cantou, bailou e desfrutou cua música e a retranca dunha muller que deixa pouso aló por onde pisa. Houbo tempo para as referencias cariñosas a Xinzo e á Limia mais tamén para revindicacións por un maior recoñecemento e posta en valor da nosa identidade nacional e da música na nosa lingua. 

IMG_5718IMG_5717

Tras Ses chegaron uns coñecidos da terra. Habitación Vudú voltou actuar nun festival no que xa estivera hai máis dunha década. O público desfrutou con estes vasco-galegos de orixe limiá até a chegada do grupo "Eladio y los seres queridos", para pechar a xornada de festa e mellor música.