Dende a Limia
05:56 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Teatro humorístico en galego ata o mes de xuño

| 17 de Abril de 2018 (22:04 h.)

Hoxe  día 17 o salón de plenos do concello de Xinzo foi escenario da presentación de dous acontecementos  culturais que se levarán a cabo ata finais do mes de maio.

No acto o alcalde López Casas, estivo acompañado polo concelleiro e técnico de cultura ademais do concelleiro de deportes.

O primeiro evento que se vai a celebrar será un festival de teatro humorístico en galego que comezará este próximo sábado 21 as 19:30 e rematará a finais do mes de maio. Nesta terceira edición deste festival patrocinado pola Xunta de Galicia a Deputación Provincial e a rede de dinamización Lingüística participarán tanto grupos de profesionais como de afeccionados. Dentro destes últimos e esperada a obra “Os cornos son cousa de tres” que traerá o grupo TIRULEQUE TEATRO do Carballiño, que tanto éxito  de crítica e de público acadou na súa última actuación fai dous anos.

SEMANA DE CARLOS CASARES

Tamén se presentaron as distintas actividades que dende a concellería de Cultura que dirixe Carlos Gómez coincidindo co primeiro aniversario da celebración do día das Letras Galegas dedicado ó autor Limián Carlos Casares