Dende a Limia
00:16 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

O titular de “arboricidio” paréceme algo desproporcionado e fora do lugar

| 22 de Noviembre de 2018 (16:19 h.)

O que se está facendo e una reforma de todo o perímetro do parque infantil, segundo parece , polo lido nalgún xornal tillase de atentado ecolóxico, e nada mais lonxe da realidade. O que se fixo foi preparar una solera de formigón previa a instalación do caucho, material  que hai que empregar para cumprir coa normativa de parques infantís.

A continuación fíxese a delimitación dos alcorques de cada árbore que hai no parque, para rematar cunha vez se poña o caucho, meses sitios delimitados por cada árbore, váiselle votar un material poroso para que a árbore respire e cada vez que chova ou se regue pase as súas raíces.

Non hai ningún atentado ecolóxico, por suposto. Todos os que coñecen a Ricardo Sieiro saben que en ningún momento, tanto dende esta concellería, como de outras que puidera levar, a ecoloxía será un dos principios básicos de actuación.

Con respecto ao centro, onde esta o monumento a pantalla, houbo que retirar algún arbustos, pero a meirande parte dos mesmos están xa plantados . Recordar que ese parqueciño, fíxose por riba dunha fonte, de forma provisional, que nunca chegou a funcionar. Daquela na fonte votouse terra e despois plantas, pero agora vaise a facer a reforma completa para por en valor este monumento que tanto representa a Xinzo.

Non hai mais percorrido con este tema, non se tallou ningunha árbore e por suposto o titular de “arboricidio” paréceme algo desproporcionado e fora do lugar. Dende aquí transmítolle tranquilidade a cidadanía, porque nada diso que se está a dicir é verdade.

 

Respecto a avd de Celanova, hai que ter ven claro que este é un proxecto da Xunta de Galicia, con cartos da Xunta e nunha  estrada de titularidade autonómica. Con todo isto ese proxecto ten que cumprir loxicamente as normas de todas as actuacións autonómicas en canto a seguridade vial. Tamén si sabemos que una vez que remate a obra e pase a titularidade municipal, poderanse acometer algunhas melloras puntuais, das que xa falamos cos interesados das vivendas e negocios da rúa. 

É totalmente falso que non se convocaran aos veciños. Xa tivemos dúas reunións con eles, a última o día antes da firma do convenio coa Xunta. Cos veciños chegouse a ese acordo una vez que a  estrada sexa de titularidade municipal.Xa lle explicamos que durante a obra, e co consentimento da Xunta e da empresa construtora se poderán facer as modificación puntuais,  compromiso repito cos veciños, para que una vez se remate poida adaptarse o mais posible as necesidades da zona.