Dende a Limia
01:15 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

“Unha vez mais Xinzo Adiante (XA), se equivoca

| 27 de Julio de 2017 (23:04 h.)
Antonio Pérez-Alcalde de Xinzo
Antonio Pérez-Alcalde de Xinzo

Di que é un grupo independente , e resulta que está presentando propostas a través de Marea e Podemos. Calquera deste concello que lle mande propostas a EnMarea ou Podemos, nin a Sra.. Lama, nin eu nin O Sr. Ramiro as van a presentar, polo tanto temos que concluír que de grupo independente nada. Todo isto con respecto a forma, pero isto é o menos importante.

Con respeto ao fondo, teñen que saber  que a comisión de seguimento está reuníndose preto de  fai un ano, e que esta debe ser a quinta ou sexta reunión.

VOTACIÓN EN CONTRA DE PODEMOS NO CONGRESO

O que si é certo e que podemos votou en contra no Parlamento Nacional para a habilitación de crédito para o regadío da Limia. Iso si e unha realidade, constatado nas actas do Parlamento Nacional.

Onde se equivocou outra vez Xinzo Adiante é  onde fala da modificación da partida orzamentaria de 1,5 millóns de euros. Esta partida, así está na normativa, non se pode executar ata que estén  informadas as alegacións, e  precisamente para iso se fixo a reunión última. A partir da contestación a esas alegacións, xa se poderán executar eses cartos.

Come xa comunicamos a semana pasada que houbera tres alegacións, dúas delas en positivo,  e a da SGHN, por problemas cunha especie autóctona, que ao parecer pode ser afectada. Repito en canto se contesten a esas alegacións, xa se poderá seguir co proxecto. Mentres, todo o mundo sabe que en prazo de alegacións, ninguén pode executar un proxecto.

O resto, xa contestou o noso parlamentario.