Dende a Limia
00:07 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

Visita da Delegada da Xunta para ver os paneis informativos das igrexas románicas do noso Concello

| 29 de Octubre de 2018 (19:23 h.)

Na mañá de hoxe, luns 29 de outubro acompañaron a visita da delegada da Xunta o técnico redator dos traballos e o alcalde de Xinzo Manuel Cabas, xunto co concelleiro Ricardo Sieiro.

Estas actuacións foran solicitadas pola Concellería de  Cultura e Turismo do Concello á Axencia de Turismo de Galicia,  para infraestruturas turísticas, Fixeronse actuacións en nove igrexas, de suma importancia histórica, todas elas igrexas medievais de orixe canto menos románica.

Santa Mariña de Xinzo de Limia, San Tomé de Morgade, San Pedro de Boado, Santo André de Piñeira Seca, San Xoán de Guntimil, San Xoán de Seoane de Oleiros. San Nicolau de Novás, Santa María de Laroá e San Pedro de Solbeira de Limia.

Os traballos realizados encádranse na creación e posta en valor dos recursos turísticos e patrimoniais do Concello de Xinzo, que irán completando unha oferta atractiva e variada para as persoas que visiten o noso municipio.

A pretensión é que estes recursos sirvan o mesmo tempo como xeneradores de emprego e riqueza nas actividades económicas relacionadas especialmente cos sectores hostaleiros e comerciais da vila e da comarca Limia.

CARENCIA DE INFRAESTRUTURAS INTERPRETATIVAS

IMG_7364Estas igrexas carecían de infraestruturas interpretativas, que permitan ó visitante comprender as súas singularidades históricas e artísticas.

Os traballos comezaron coa  documentación histórica sobre os elementos en cuestión, tanto con consulta bibliográfica, como en traballos de campo, así como a documentación da cultura inmaterial asociada ós templos.

Realizouse unha revisión de paramentos no exterior e interior dos edificios, de cara a poder identificar fases anteriores á época barroca. Esta revisión buscou identificar fases altomedievais e medievais, nas formas artísticas do románico e o prerrománico, permitindo así comprender a realidade da paisaxe de Xinzo ó longo da época medieval e moderna.

A divulgación dos templos realizouse en base a paneis interpretativos seguindo o manual de sinalización turística da Xunta de Galicia. O deseño, tanto de contidos como do propio panel foi realizado por persoal con experiencia acreditada na interpretación do patrimonio cultural da Empresa “Estela Arqueoloxia e Patrimonio”.IMG_7360

Empregouse un tipo de panel panorámico, reformado para acadar información sobre a igrexa en cuestión así como un plano de situación de todas as igrexas e fitos patrimoniais do Concello de Xinzo de Limia. A colocación destes paneis, fixose nas proximidades das igrexas, fora dos seus adros e en lugares nos que non supoñan un obstáculo visual para a súa contemplación.