Dende a Limia
19:38 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Volve arder o monte de Xinzo

| 16 de Agosto de 2017 (18:29 h.)

Aínda non era a hora da sesta cando “As campanillas” volveron arder, cando aínda cheiraba a fume do incendio da semana pasada.

Aínda pouco pasaran das tres da tarde cando comezaron a soar as sirenas polo centro da vila dirixíndose,neste caso os bombeiros, ata o monte de Baronzas, de onde saía unha columna de fume negro que facía presaxiar algo serio.

SOFOCADO EN MENOS DE UNHA HORA

Ata o lugar do lume dirixíronse os efectivos contra incendios  da Xunta de Galicia, os bombeiros do parque de Xinzo así como brigadas municipais. A policía local colaborou pechando ao trafico algunhas das pistas que cruzan o monte e dous helicópteros e unha avioneta colaboraron cos efectivos de terra para en menos dunha hora ter o incendio controlado.

Durante moitas fases dó mesmo  o fume era moi negro, suponse que por mor de pneumáticos que estaban tirados polo monte.

CATRO VECES EN DÚAS SEMANAS

IMG_20170816_154228Algúns dos veciños do “monte” de etnia xitana, que vían ameazadas as súas vivendas manifestaban o seu malestar, porque segundo eles era a cuarta vez que lle prendían nesta zona. Dúas delas sufocárono eles antes da chegada dos bombeiros e outra foi a semana pasada que temen mantivo en vilo tanto ós habitantes do monte como a todos os propietarios de pequenas granxas próximas o monte dás  Campanillas.

Como dicimos as lapas foron sofocadas e controladas en menos  de unha hora.