Domingo 16.06.2019

X “abrazo” ao río Limia

Hoxe día 7 de xuño o alumnado dos colexios de primaria de Xinzo e Ponte de Limia volveron a cumprir co acto simbólico do “abrazo” ao río Limia (Lima)

Esta mañá o alumnado de 4º de primaria dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares de Xinzo e os do CE das Lagoas e EB1 de Ponte de Limia cumpriron co xa tradicional “abrazo” ao río Limia (Lima) que todos os anos se celebra nestas datas en Xinzo e polo outono en Ponte de Limia.

IMG_0261

Na Casa de Cultura de Xinzo foron recibidos polas autoridades locais e por membros da banda de gaitas e tambores de Xinzo para pasar logo dun refrixerio ao salón de actos da Casa da Cultura onde se fixo a recepción oficial, discursos e entrega de agasallos mutuos. Como sempre ademais do profesorado asistiron os directores e directoras dos centros respectivos.

Unha vez rematada a parte oficial todos se trasladaron as ribeiras do Limia para proceder o “abrazo” onde unha nena de Xinzo foi a encargada de ler o manifesto deste ano. A continuación visitaron o Museo Galego do Entroido .

VISITAS CONXUNTAS

IMG_0283

Como é de rigor, todo o alumnado desprazouse a continuación ata o nacemento do río que une e vencella aos dous pobos, así como a Limia e despois comezaron as outras visitas de tarde despois de compartir  o almorzo.

Os xardíns de Allariz foi a visita de tarde dende o alumnado de Ponte de Limia deu por finalizado o día de confraternización para voltar a Portugal e esperar o seguinte abrazo en terras portuguesas.

IMG_0304IMG_0303IMG_0302IMG_0299IMG_0295

IMG_0294IMG_0292IMG_0286IMG_0285IMG_0268

IMG_0264