viernes 20.09.2019

"Un xesto cargado de simbolismo, por primeira vez na história deste Concello"

Todos os grupos asinaron a Adhesión do Concello a declaración institucional do día Internacional do Orgullo LGTBIQ

"Un xesto cargado de simbolismo, por primeira vez na história deste Concello"

Despois da firma no dia de onte da  Adhesión do Concello a declaración institucional do día Internacional do Orgullo LGTBIQ a alcaldesa Elvira Lama ordenou colocar no balcón da Casa Consistorial a bandeira identificativa do movemento LGTBIQ e manifestando na súa conta de faceebook :

IMG_20190628_085627-2O 28 de xuño estableceuse internacionalmente como a ocasión para a demanda mundial de orgullo e dignidade de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais. É unha boa oportunidade para rexeitar a discriminación baseada no xénero, a identidade e a orientación sexual, así como a violencia física e simbólica e a opresión á que conduce. Un bo momento para denunciar tamén calquera outra situación de discriminación e falta de respecto pola dignidade e os dereitos humanos. É un día de solidariedade e demandas, expresado alto e claro.!!
Un xesto cargado de simbolismo, por primeira vez na história deste Concello é a humilde colaboración deste ano para con estas persoas por parte do novo Goberno de Xinzo!!
2019062715133954300