Dende a Limia
16:37 h. Lunes, 22 de Octubre de 2018

Xinzo remodelará por completo o Campo da Feira

O. Ferreiro | 24 de Enero de 2018 (23:34 h.)
Imaxe dun magosto celebrado nunha das naves do Campo da Feira.
Imaxe dun magosto celebrado nunha das naves do Campo da Feira.

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, anunciou a reforma integral do Campo da Feira. Para a súa execución contará cunha subvención de 550.000 euros da Consellería de Infraestruturas, que se sumarán a outros 40.000 euros xa aprobados. Este proxecto no que xa está a traballar o arquitecto municipal, ten como obxectivo reformar as naves, a pavimentación exterior e o espazo contiguo. Estas axudas económicas tamén permitirán a reforma da nave de usos múltiples, que ten ao redor de 1.000 metros cadrados e capacidade para 800 persoas, e que se utiliza para distintos actos e eventos de diversa índole así como para comer o polbo os días de feira. Contará tamén con baños novos e adaptados para persoas de mobilidade reducida. Tamén se disporá de cociñas e almacéns renovados por completo.

Así mesmo, o pavillón secundario que era utilizado para acoller feiras de gando, remodelarase totalmente e converterase nun novo almacén municipal.