Dende a Limia
00:04 h. Martes, 16 de Enero de 2018

Xinzo clausura este venres o ano adicado a Carlos Casares

O. Ferreiro | 20 de Diciembre de 2017 (00:05 h.)
IMG-20171219-WA0002
IMG-20171219-WA0002

O Concello de Xinzo de Limia clausura este venres, día 22 de decembro, no Auditorio Municipal "Ángel Cocho" –situado na Casa da Cultura do municipio–, o ano adicado ao ilustre escritor limián Carlos Casares.

A prestixiosa Coral de Ruada amenizará o evento cunha actuación musical.

Tralo seu nomeamento pola Real Academia Galega como escritor homenaxeado neste ano para o Día das Letras Galegas, sucedéronse actos, eventos e homenaxes varias de recoñecemento á súa valía literaria e á sua figura pública en Xinzo, na Limia e en todo o país.

Chegados xa os derradeiros días do ano tócalle poñer fin a a unha homenaxe puntual mais tamén comezo a unha homenaxe continuada no tempo.

IMG-20171219-WA0004

O acto de clausura será o escenario no que se entregarán os premios de Xornalismo Literario e do concurso de deseño de portada para a obra, do citado autor, "Vento Ferido". 

Así mesmo, a prestixiosa Coral de Ruada amenizará o evento cunha actuación musical.