Dende a Limia
00:53 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

Xinzo expresará mañá a súa repulsa polo asasinato machista do Carballiño

O. Ferreiro | 31 de Enero de 2017 (21:51 h.)
A Corporación Municioal nun minuto de silencio pola violencia machista o pasado ano.
A Corporación Municioal nun minuto de silencio pola violencia machista o pasado ano.

O Concello de Xinzo de Limia vénse de convocar un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista producido no Carballiño esta semana.

O acto terá lugar mañá mércores, día 1 de febreiro, ás 12 horas da mañá, diante da porta da casa consistorial limiá. Prevese que estean presentes os edís de todas as forzas políticas para expresaren o seu claro e contundente rexeite á violencia machista que este ano xa se cobrou a súa primeira vítima mortal na provincia de Ourense.

Nin unha menos!