Dende a Limia
19:31 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Xinzo gardou un minuto de silencio polas vítimas de Barcelona

O. Ferreiro | 19 de Agosto de 2017 (21:38 h.)
Algúns dos concelleiros presentes no minuto de silnecio.
Algúns dos concelleiros presentes no minuto de silnecio.

Ante os terribles atentados terroristas cometidos polo xihadismo en Cataluña, o Concello de Xinzo de Limia gardou tamén un minuto de silencio na porta da Casa Consistorial. 

Veciños e membros da corporación achegáronse á Casa do Concello para lles rendir homenaxe ás vítimas da barbarie. Do grupo de goberno destacou a ausencia de todos os concelleiros excepto o alcalde, que presidiu a convocatoria.