Dende a Limia
00:06 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

Xinzo de Limia cede a xestión do Museo Galego do Entroido á Deputación de Ourense co voto favorable de PP e PSdeG

| 06 de Noviembre de 2018 (21:25 h.)

Na mañá de onte, luns día 5 de novembro, a corporación municipal de Xinzo de Limia celebrou o seu pleno ordinario do mes. O punto máis candente da xornada foi o debate en torno á cesión da xestión do Museo Galego do Entroido á Deputación de Ourense, que finalmente foi aprobada. Os voceiros de Xinzo Adiante, BNG e PSdeG criticaron ao goberno local por non ser quen de manter aberto o museo baixo titularidade municipal. Malia iso, o grupo socialista apoio a iniciativa priorizando que a mostra volte a estar aberta ao público.

 

IMG_6020-2

O concelleiro popular, Carlos Gómez, defendeu o esforzo adicado nos últimos anos a conseguir que o museo fose posto en marcha, criticando a inacción neste senso durante os anos do bipartito na Xunta de Galicia.

Na sesión plenaria tamén foi aprobada a actualización en base ao IPC das taxas correspondentes ao servizo de abastecemento de augas e tratamento da depuración. A oposición, que votou en contra, criticou prezo da auga na capital limiá e o estado de moitas das estacións depuradoras. O goberno local, pola súa banda, defendeu que o contrato coa empresa que actualmente xestiona este servizo é legal e que teñen capacidade de manobra para mellorar a situación. Xinzo Adiante pediu que as taxas estean ligadas ao consumo.

O pleno tamén serviu para aprobar, coa abstención dos tres grupos da oposición, unha transferencia de crédito para que o consistorio poida facer fronte ao pago a proveedores. Por último, o grupo popular votou en contra da urxencia dunha moción presentada por Xinzo Adiante, na que se pretendía instar ao SERGAS a que garanta a calidade dos servizos sanitarios e o abastecemento das farmacias.