Dende a Limia
16:57 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

Xinzo de Limia consolídase como sede dun dos cursos de formación musical superior máis importante do país

| 10 de Septiembre de 2018 (18:43 h.)
Foto arquivo clausura do 1º Curso
Foto arquivo clausura do 1º Curso

Xinzo de Limia voltará acoller, por segundo ano consecutivo, un curso oficial da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Trátase do Curso de Iniciación á Dirección de Banda de Música, que este mes de outubro inicia a súa segunda edición na Escola Galega de Dirección de banda da capital limiá.

Trátase dunha actividade formativa de carácter presencial que se desenvolverá entre os días 12 de outubro de 2018 e 10 de marzo de 2019. Cun total de 70 horas lectivas , o curso engloba as técnicas de estudo, análise e orquestación con diferentes profesores especialistas na materia. O obxectivo principal desta formación é fomentar o estuda da dirección orquetral, ademáis de ofrecer recursos técnicos e artísticos para o desenvolvemento da condución de grupos instrumentais.

IMG_5794O curso estará ademáis recoñecido con 2 créditos ECTS e 4 créditos de libre configuración. O coordinador será o director limián José Luís Tielas Santiago, quen ademáis coordina a Escola Galega de Dirección de Banda e está dirixido a músicos de camquera especialidade instrumental en posesión do Grao Profesional de Müsica ou unha titulación equivalente.

Ademáis de contar con profesorado de primeiro nivel procedente de diferentes conservatorios profesionais de Galicia, esta edición contará tamén con ponentes internacionais de primeiro nivel como o director de orquestra, Nigel Douglas Bostok; o profesor do Instituto Superiore Europeo Bandístico (ISEB) de Trento (Italia), Andrea Loss; ou o profesor de Dirección de Orquestra de Vento no Conser vatorio de Maastricht.

Tralo éxito da primeira edición, Xinzo de Limia consolídase como sede dun dos cursos de formación musical superior máis importante do país.