Dende a Limia
03:43 h. Martes, 21 de Agosto de 2018

Xinzo podería contar cunha nova residencia de anciáns

| 06 de Junio de 2018 (21:06 h.)
Posible ubicación da residencia de anciáns
Posible ubicación da residencia de anciáns

O alcalde López Casas, mantivo onte unha reunión de traballo con membros da directiva da Fundación S.Rosendo encabezada polo seu presidente D. Benigno Moure de cara a instalación dunha nova residencia de anciáns que de servizo as moitas persoas que por non ter un centro en Xinzo teñen que ir a outras residencias de mais lonxe.

OFRECEMENTO DE PARCELA  MUNICIPAL

Dentro do prantexamento de colaboración, aínda que sen definir nin a maneira, nin a forma, López Casas apuntoulle aos directivos que o Concello ten unha parcela de máis de 3.000 m2  na zona da Devesa, que podería ser un bo lugar, ven comunicado e con espazo para levantar a residencia.

A mesma , segundo as intencións da Fundación crearía mais de 40 postos de traballo e daría acollida a 100 persoas necesitadas deste servizo.

PRIORIDADE PARA OS EMPADROADOS

278Si este acordo se chegara a matizar en terreos cedidos polo Concello, en condicións que tería que aprobar o pleno, matiza que polo menos os veciños empadroados terían acollida prioritaria no centro residencial , comezando polos de menos rendas.

Na reunión D. Benigno recordaba o seu paso como cura de Xinzo, cando a poboación da vila era de escasos 2.500 veciños.

MAIS EMPRESAS INTERESADAS

Tamén apuntou o alcalde que neste momento no concello tamén hai outra solicitude doutra empresa privada para construír unha residencia. Loxicamente estudiaranse  estas e outras propostas e escolleremos a mais vantaxosa  para os nosos veciños.