Dende a Limia
14:56 h. Martes, 17 de Octubre de 2017

Xinzo e Ponte de Lima seguen abrazados polo Limia

| 06 de Junio de 2017 (22:07 h.)

Preto de dous centos de rapaces e rapazas dos ceips de Xinzo, Rosalía de Castro e Carlos Casares, volvéronse a unir cos rapaces e rapazas de 3º dos centros de Ponte de Lima, para un ano mais facer o abrazo simbólico o río que une as dúas localidades.

IMG_0252

IMG_0256

IMG_0259

IMG_0261

 

Despois de ser recibidos polas autoridades locais na praza Carlos Casares pasaron ao salón de actos para escoitar varias interpretacións musicais.

ABRAZO O RÍO E PLANTACIÓN DE ÁRBORES

IMG_0270

IMG_0274

IMG_0265

IMG_0267

Logo todos os rapaces e rapazas acompañados polo seu profesorado e ante a atenta mirada dos membros de Protección Civil de Xinzo que os acompañou en todo o percorrido achegáronse ata a ponte e a pasarela para proceder ao abrazo, ademais de ler un manifesto sobre o río Limia.

Para rematar a xornada de mañá no parque que está a carón do río , fíxose unha plantación de árbores en conmemoración do día de hoxe.

Despois do almorzo comunitario todo o alumnado continuou as actividades previstas conxuntas que rematarán maña, coa despedida ata o encontro en Ponte de Limia o ano que ven.