Dende a Limia
16:28 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Xinzo quere incluír a reforma da rúa Alexadre Bóveda no plan provincial da Deputación

O. Ferreiro | 11 de Enero de 2018 (23:29 h.)
Rúa Alexandre Bóveda de Xinzo de Limia.
Rúa Alexandre Bóveda de Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo de Limia vén de enviar a petición para a incursión da reforma integral da Rúa Alexandre Bóveda –ubicada no entorno do Parque do Toural– no plan provincial da Deputación de Ourense para o 2018, que contempla unha cantidade inicial de 60.000 euros para obras no municipio.

Segundo informou o alcalde da capital comarcal, Antonio Pérez, a reforma constará da renovación de todo o sistema de saneamento e de abastecemento, así como o mobiliario urbano, asfaltado, beirarrúas e a iluminación da zona.

25