Dende a Limia
01:21 h. Jueves, 26 de Abril de 2018

Xinzo xa ten novo alcalde o sexto da época democrática

| 06 de Abril de 2018 (15:46 h.)

IMG_5569

Nunha sesión extraordinaria convocada para a toma de posesión de Ricardo Sieiro, nº 10 da lista do PP , tamén foi elixido alcalde da vila en substitución de Antonio Pérez, o que ata hoxe o fora en funcións Manuel López Casas.

SALÓN DE PLENOS ATA A BANDEIRA

152

Nun salón de plenos ateigado de xente, a grande maioría, arroupando o candidato, deu comezo un pleno extraordinario, que a priori ía a ser de puro trámite, pero que por exixencias do grupo do PSdG-PSOE, de que a votación fose en furna e voto segredo, non a man alzada, como propuña o presidente da mesa, houbo que esperar a que trouxeran unha furna. Primeiro íanse apañar cunha caixa de cartón, pero logo apareceu unha furna das empregadas en todas as eleccións.

Un por un os concelleiros e concelleiras  foron desfilando co seu voto en sobre cerrado e por orden alfabético, sen que no reconto final houbera ningunha sorpresa.  9 votos para o candidato do PP e para cada grupo os correspondentes a súa bancada.

ANTONIO PÉREZ NON PERDEU DETALLE

151

                Unha das moitas persoas que dende ben cedo se atopaban nas bancadas do público era o exalcalde Antonio Pérez, que ademais de arroupar, como non podía ser doutra maneira ao seu candidato López Casas, non perdeu detalle de todo o que estaba acontecendo na sesión. Non sabemos si a vez estaba controlando que todo saíra como el deixou preparado antes de renunciar a alcaldía.