Dende a Limia
01:53 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

A Xunta e o Concello investirán 18.000 € nas igrexas de Xinzo

| 05 de Junio de 2018 (19:43 h.)

As Igrexas Románicas do Concello de Xinzo, serán obxecto dunha inversión para súa posta en valor, dentro do programa de melloras de infraestruturas turísticas da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, que aportara 11.785,70€ dos 18.131,85€ do orzamento, que permitiran a interpretación destes edificios históricos por medio de paneis de aceiro e códigos QR.

As nove igrexas de gran valor histórico e arquitectónico, foron incluídas neste programa proposto pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Xinzo, coas que o seu titular pretende seguir incrementando e poñendo en valor os recursos turísticos do Concello Limiao, investindo, non so na capital do Concello, senón tamen creando rutas culturais e turísticas nas parroquias e lugares de interese do Concello que complementes a oferta existente na propia Vila.

Segundo Carlos Gómez Salgado, unha vez aprobada en Xunta de Goberno a achega municipal, as nove igrexas que serán obxecto da intervención, son as de Santa Mariña de Xinzo de Limia, San Tome de Morgade, San Pedro de Boado, Santo André de Piñeira Seca, San Xoán de Guntimil, San Xoán de Seoane de Oleiros, San Nicolau de Novas, Santa María de Laroá e San Pedro de Solveira de Limia.

Todas elas, conforman unha magnifica mostra do Románico Altomedieval Limiao, a maioría con de fábrica de finais do século XII e primeiras décadas do século XIII nas que se aprecia un incipiente gótico, o que contribúe a conferirlle algunhas características propias e singulares dentro do Románico do Noroeste da península.

A excepción da Igrexa de Santa Mariña, a chamada “Igrexa Vella”, o templo de maior tamaño, o resto das igrexas románicas do Concello careacterizanse pola evidente sinxeleza arquitectónica, de planta rectangular, a maior parte delas rematadas nun único ábside que tamén, nesta comarca da limiá adoita ser de planta cuadrangular.

A actuación prevista, comprendera a colocación de paneis informativos de fundición ou aceiro galvanizado diante de cada un dos nove templos, que conterán un texto redactado por persoal con experiencia en interpretación do patrimonio cultural, nos que se incluirá o código QR, que facilitara a ampliación de información a través de smart phones e dispositivos móbiles con conexión a Internet.