Dende a Limia
18:00 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A Xunta realiza novas sondaxes arqueolóxicas no Castelo de Pena

O. Ferreiro | 24 de Octubre de 2017 (20:19 h.)
Imaxe de arquivo do Castelo de Pena.
Imaxe de arquivo do Castelo de Pena.

A Xunta de Galicia está a realizar unha nova fase de sondaxes arqueolóxicas no Castelo de Pena para seguir afondando no coñecemento e documentación do castelo previo ao proxecto de accesibilidade á Torre de Pena solicitado pola Concellería de Turismo de Xinzo de Limia –que comanda Carlos Gómez–. O propósito é recuperar, poñer en valor e redibilizar o patrimonio cultural, arquitectónico e turístico do Concello de Xinzo de Limia . 

A actuación deste ano pretende acometer a escavación arqueolóxica da fronte norleste da torre da homenaxe.

A actuación deste ano pretende acometer a escavación arqueolóxica da fronte norleste da torre da homenaxe, na que se sitúa a entrada a esta, nun ámbito aproximado duns 95 m2. O obxectivo é estudar en profundidade os diferentes restos murarios que se aprecian en superficie, documentándoos en planta e alzado, para datalos e estudar os diferentes niveis arqueolóxicos que se relacionan con eles.

Ao remate da intervención deberán taparse todas as sondaxes abertas, en previsión de que se deseñe unha posta en valor definitiva do conxunto. Os traballos deberán acompañarse, ademáis, de labores de divulgación sobre os valores propios do xacemento arqueolóxico na comunidade local.