Imprimir

O ARRANXO DA PONTE SOBRE O RÍO VILAMEÁ PON EN VALOR O PATRIMONIO NATURAL DA RUTA DOS MUÍÑOS EN LOBIOS

Dende a Limia | 01 de octubre de 2019

Destacou o valor desta ponte reside na súa capacidade para atraer a locais e foráneos ao parque natural máis extenso dos seis declarados na Comunidade e así coñecer os valores que atesouran as 30.000 hectáreas deste enclave repartido entre os concellos de Entrimo, Lobios, Muíños, Bande, Lobeira e Calvos de Randín

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou que o arranxo da ponte sobre o río Vilameá pon en valor o patrimonio natural da Ruta dos Muíños. A responsable de Medio Ambiente supervisou as obras de restauración, comprometidas pola Xunta de Galicia, que propiciaron definir unha pasarela de madeira de pino de 18 metros de lonxitude e 1,5 metros de ancho, salvo o río Vilameá e unha altitude de 10 metros.

Destacou que a importancia e valor desta actuación reside no feito de que novamente se poderá acceder e transitar de novo polo sendeiro da Ruta dos Muíños, e coñecer o valor e a riqueza natural deste enclave do Parque Natural da Baixa Limia- Serra do Xurés, o máis extenso dos seis parques que hai na Comunidade galega.

Ángeles Vázquez salientou que investir en infraestruturas que faciliten e inviten ao sendeirismo, son unha aposta de equilibrio entre o obxectivo de acadar un desenvolvemento sostibles destes espazos e a necesaria conservación e protección dos mesmos.

191001 Lobios2A conselleira trasladou a importancia de divulgar e dar a coñecer o patrimonio natural de Galicia, que ten sobradas mostras de enclaves emblemáticos e únicos, como este parque natural, que foi declarado pola Unesco Reserva da Biosfera Transfronteiriza, xunto co Parque Nacional portugués da Peneda-Gerês no ano 2009, e que suman unha superficie de preto de 300.000 hectáreas, das cales máis de 60.000 corresponden a Galicia e que se reparten entre os concellos de Entrimo, Lobios, Muíños, Bande, Lobeira e Calvos de Randín.

Recordou que o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés conta ademais cun importante patrimonio arqueolóxico, etnográfico e histórico e numerosos xacementos da cultura castrexa. Os locais e foráneos deben saber que este é un espazo natural cheo de potencial e atractivos que atrae a miles de visitantes cada ano, que se achegan a coñecelo a través dos 130 quilómetros acondicionados nas 11 rutas de sendeirismo identificadas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/lobios/arranxo-da-ponte-rio-vilamea-pon-valor-patrimonio-natural-da-ruta-muinos-lobios/20191001224608017861.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia