Imprimir

A Concellería de Promoción Económica quere impulsar outra vez ProLimia

Dende a Limia | 05 de agosto de 2019

O Concelleiro reuníuse a semana pasada con membros do colectivo de comerciantes

A intención da concellería que leva Manuel Pérez Campos é inculcar outra vez o ánimo entre os comerciantes, case todas mulleres, para que outra directiva se faga cargo da asociación  ProLimia, volva a renacer.

Na reunión, manifestou o concelleiro asistiron arredor de 30 persoas, case todo mulleres, as cales se animou para que unha directiva pequena volva a tomar as rendas da asociación.

Loxicamente xa é tarde para organizar outra vez a feira do comercio que con tanto éxito se fixo o ano pasado neste mes, pero que como moito se intentaría para setembro.

AXUDA MORAL ECONÓMICA E LEXISLATIVA

Dende o Concello pretendese axudar en todo o posible ao comercio, animando primeiramente a que a asociación poida renacer, tamén con axudas e con ordenanzas que poidan favorecer tanto aos establecementos que xa están a funcionar, como aos que se puideran abrir.

Tamén se pretende dende o Concello, como xa anuncio una campaña o tenente alcalde Amador Díaz, como proposta principal do seu grupo a celebración da festa da pataca.  Outra das ideas aportadas dende a propia concellería é a de celebración por parte da hostalaría de algún día de tapas ou pinchos,  como se fai xa noutros concellos, para animar a xente a que acuda eses días a Xinzo.

A próxima reunión quedou proposta para o mes de setembro.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/concelleria-promocion-economica-quere-impulsar-outra-vez-prolimia/20190805212617017224.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia