Imprimir

Continúan as labores de embelecemento da vila

Dende a Limia | 19 de julio de 2019

Elvira Lama campaña concienciación  limpeza
Elvira Lama campaña concienciación limpeza

A colocación de cartazes pretende fomentar o uso de papeleiras.

Despois de acometer un plan de limpeza urbana co que foi posible o lavado e desinfeción do casco vello e de levar acabo actuacións dirixidas a fomentar a estética e a hixiene dos barrios e das pistas de aceso ao núcleo de Xinzo, a alcaldesa, Elvira Lama, continúa na mesma liña cunha campaña de concienciación de limpeza dirixida a motivar aos veciños e veciñas para que colaboren no mantemento dos diversos espazos públicos.

Deste xeito, estánse a colocar uns cartazes nas papeleiras das rúas e dos espazos públicos máis céntricos para fomentar o depósito de lixo, entre o que tamén se inclúen chicles, cabichas e excrementos dos animais de compañía. No tocante aos chicles, colocaranse recipientes especiais para evitar manchas que afean o aspecto das rúas e que son moi custosas de eliminar. Así mesmo, tamén se colocarán cinceiros para depositar as cabichas, por iso pídese “a colaboración de todos aqueles establecementos hosteleiros que teñan mesas e cadeiras en vía pública para que cada mesa conte cun cinceiro”. Doutra banda, admite que algunhas das papeleiras están nun estado “lamentable”, pero que se levará acabo a súa reposición cando o actual goberno dispoña de dotación orzamentaria. “Non sabemos se podemos acometelo xa, neste ano, ou teremos que agardar aos orzamentos do vindeiro ano”.

Segundo a firma a alcaldesa non está previsto que aumenten as sancións polo incumprimento de certas obrigas, xa que algunhas requiren de revesión e da realizón de modificacións. Aínda así, daráselle ampla cobertura á policía local para que as posibles sancións se leven a efecto, xa que “non hai mellor efecto que un bo escarmento”.

Dende o concello sinalan que estas medidas son só o inicio e piden a colaboración cidadá, xa que “é unha obriga e unha colaboración necesaria e participativa para que todos podamos vivir nun Xinzo máis agradable”.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/continuan-labores-embelecemento-da-vila/20190719181757017110.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia