Imprimir

Desbroce máis rápido e ecolóxico

Dende a Limia | 22 de julio de 2019

Visita de Elvira, Amador e Rafa ao traballo realizado por unha desbrozadora con un novo cabezal

Elvira Lama e os concelleiros de Medio Rural e Servizos Públicos Estruturais  Amador Díaz e Rafa Penabad, desprazáronse esta mañá ata Trandeiras, onde estaba a traballar unha desbrozadora da Deputación que ten acoplado ao “brazo” un cabezal con discos para poder facer unha poda e limpeza dás árbores e setos, moito máis limpa e ecolóxica.

O concelleiro Amador Díaz explicoulle a alcaldesa o funcionamento e solicitou da alcaldesa que faga as xestións de cara a acadar un destes cabezais, que se lle poden acoplar a calquera das tres últimas desbrozadoras que xa ten o Concello, podendo facer máis traballo e menos tempo.

Aínda que nestes momentos as arcas municipais non teñen partida orzamentaria para a súa adquisición, tratará de solicitala a outra administración, posto que como todos saben o Concello ten moitos quilómetros de pistas, e para as de concentración, sobre todo, sería moi aconsellable, por eficiencia e rapidez.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/desbroce-mais-rapido-ecoloxico/20190722174444017139.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia