Imprimir

O grupo do PP denuncia un vertedoiro incontrolado

Dende a Limia | 02 de agosto de 2019

VERTEDOIRO 1
VERTEDOIRO 1
Atópase a poucos metros do río Limia

Hoxe rexistramos no Concello unha solicitude de limpeza e clausura dun vertedoiro incontrolado que apareceu a poucos metros do río Limia na súa entrada á vila.

Dende o Grupo Municipal Popular rexeitamos estes  actos  de agresión Medio Ambiental, tanto agora na oposición como cando se gobernaba. Asumindo en todo momento ata onde pode chegar os medios do Concello e os actos da veciñanza, parece que fai dous meses todo era culpa dos que gobernábamos, e hoxe en día, co novo goberno, é toda dos veciños e veciñas.

A eficiencia está en xuntar a boa coordinación dos medios que dispón o Concello e a concienciación cidadá.

VERTEDOIRO 1VERTEDOIRO 2Dende este Grupo lamentamos que a campaña de “Limpeza Integral” e embeler a vila non conseguise as metas anunciadas, xa que só se limpou en certas rúas (cun consumo de auga esaxerado, menos mal que non estamos en alerta por falta de auga), a Praza Carlos Casares volve estar con rodeiras, hai zonas verdes urbanas que levan máis dun mes sen segar a día de hoxe (parte superior do Parque do Toural), outras que se segaron fai pouco tras varias semanas sen facelo (Parque Galicia, entrada Polígono Industrial, A Moreira, ...) ou non controlar os aspersores que desperdician auga regando  os pasos de tránsito.

Apoiaremos, aplaudiremos e promoveremos todas as medidas que o noso Concello poda por en marcha con eficacia para mellorar a nosa calidade de vida. Pero temos claro que nin antes era toda a culpa de quen gobernaba nin agora é da veciñanza.UBICACIÓN VERTEDOIRO

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/grupo-do-pp-denuncia-vertedoiro-incontrolado/20190802170252017198.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia