Imprimir

Ourense, escenario da “Sacroxira” de Luar na Lubre

Dende a Limia | 08 de agosto de 2019

 Manuel Baltar na presentación da Sacroxira de Luar na Lubre na provincia de Ourense
Manuel Baltar na presentación da Sacroxira de Luar na Lubre na provincia de Ourense

A Deputación de Ourense colabora con esta proposta cultural que espallará os sons da Ribeira Sacra por lugares emblemáticos da provincia

Ourense será o escenario da “Sacroxira” que ofrecerá o grupo musical Luar na Lubre e coa que espallará, co apoio da Deputación de Ourense, os sons da Ribeira Sacra por lugares emblemáticos da provincia de Ourense. A presentación desta proposta cultural tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o líder do grupo musical, Bieito Romero, acompañados polos alcaldes dos concellos que acollerán os concertos desta xira.

Manuel Baltar destacou o éxito de Luar na Lubre asegurando que se trata dun dos “expoñentes máis notables da cultura galega universal e internacional da que veñen facendo gala en 30 anos de traxectoria exitosa”. Ademais, o presidente do goberno provincial salientou a posta en valor que fai este grupo pola Ribeira Sacra lembrando que o ano pasado, tamén coa colaboración da Deputación de Ourense, presentaron “un traballo musical en homenaxe a esa terra á que lle puxeron banda sonora e que resulta un regalo para os sentidos”.

Bieito Romero e Manuel BaltarO presidente da Deputación de Ourense, quen agradeceu ao grupo musical que na súa axenda teña “un lugar preferente a Ribeira Sacra e, polo tanto, a provincia de Ourense”, animou a todo o mundo a gozar destas representacións que “son eventos únicos nos que se mestura a magnífica música de Luar na Lubre con lugares emblemáticos da nosa provincia”. Así mesmo, Baltar felicitou ao grupo polo “éxito desa gravación que tivo lugar na Ribeira Sacra e pola súa repercusión internacional que axuda a que contemos cunha banda sonora como esta que é, sen dúbida, o himno da Ribeira Sacra”.

Pola súa parte, Bieito Romero explicou que o nome de “Sacroxira” nos Mosteiros débese a que “boa parte do concerto musical que nós incluímos neste traballo discográfico ten moito que ver co sagrado”, e salientou a importancia de celebrar estes concertos que permitirán ao grupo “dar a coñecer in situ e, sobre todo, dunha maneira directa, o que significa poñer música a estes sitios”.

En canto á xira, o líder do grupo musical dixo que entendían que tiñan que “pasar por estes lugares antes de rematar con esta xira, que leva case máis de dous anos con máis de cen concertos por toda a Península e por moitos lugares do mundo”, e aínda que a xira está nunha fase final, Bieito Romero asegurou que “non ten remate” porque a Ribeira Sacra sempre estará presente na súa música.

A xira na provincia de Ourense comezará o 8 de agosto, no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, continuando o 13 de agosto no mosteiro Santa María de Montederramo; o 30 de agosto actuarán no Parador de Monterrei; o 15 de setembro en San Pedro de Rocas; e rematarán coa xira o 20 de setembro en Santa María de Xunqueira de Espadanedo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/ourense-escenario-da-sacroxira-luar-lubre/20190808211435017250.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia