Imprimir

Polémica no pleno de Rairiz de Veiga por mor da organización da Romaría da Saínza

Patricia F.S | 30 de septiembre de 2016

    Máis da metade do pleno de Rairiz que se celebrou o xoves, xirou en torno á Romaría da Saínza. O concelleiro do PP non adscrito, Manuel Ferreiro, sospeita que a rexedora forma parte da asociación encargada de organizar a romaría.

Asunción Morgade nega estes feitos e ante a petición de coñecer quenes son os integrantes da asociación, ela comprometeuse a presentalos por escrito no vindeiro pleno.

"Estiveches coa Policía Local de Xinzo cobrándolle ós postos, pedindo á cota para a festa e servindo copas no bar", destacou Ferreiro ó que a alcaldesa contestou que "eu só axudei a encher as neveiras nun momento de apuro". 

Outro dos puntos polémicos do pleno prodúcese cando Manuel Ferreiro lle recrimina a Morgade que estivera "de risas" coa representante das orquestas que ameazou con denunciar ó Concello por impago de facturas. "Paréceme sospeitoso que si se lle debe 44.000 € esteades de risas con ela ti e un camuflado", refírese Ferreiro ó ex rexedor Xosé Xaquín. 

xaquin

A secuencia completa sobre a polémica que xurdiu no pleno en canto á organizacion da romaría pode verse no seguinte vídeo. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/rairiz-de-veiga/polemica-no-pleno-rairiz-veiga-mor-da-organizacion-da-romaria-da-sainza/20160930120517007829.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia