Imprimir

Rematou o obradoiro conxunto de Baltar e Xinzo

Dende a Limia | 12 de agosto de 2019

Quince foron os alumnos que remataron  a formación

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da alcaldesa do Concello de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e do alcalde do Concello de Baltar, José Antonio Feijoo, participou esta mañá no acto de clausura e entrega de diplomas aos 15 desempregados que remataron o obradoiro de emprego que compartiron ambos municipios.

                               Esta iniciativa, que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de preto de 225.000 euros, serviu para que o alumnado accedera a un posto de traballo durante nove meses, ao tempo que tamén recibiron formación nas especialidades de fabricas de albanelería e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
Pola súa banda, no Concello de Baltar os labores consistiron en podas, limpezas e desbroces nos campos de festas do concello e da Boullosa, lixado e pintado de barandas en Vilamaior de Boullosa e na piscina municipal, reparacións de filtracións e asentado do muro da estrada Sampaio-Sabucedo e podas, limpezas e desbroces no exterior do Centro de Saúde do concello.
Díaz Mouteira destacou a importancia de mellorar a cualificación dos desempregados para favorecer  o seu acceso ao mercado laboral e dar resposta, á vez, ás necesidades reais dos principais sectores produtivos da Comunidade, ao tempo que subliñou a utilidade destes programas mixtos de emprego e formación, que permitiron aos seus participantes a posibilidade de ter un contrato laboral mentres se formaban.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/baltar/rematou-obradoiro-conxunto-baltar-xinzo/20190812190906017319.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia