Imprimir

Unha sega que da comezo ao Entroido 2020

Dende a Limia | 05 de agosto de 2019

Música e vestimentas tradicionais amenizaron a sega do centeo. 

A man, como se facía antigamente, decenas de persoas procederon á sega do centeo de este ano coa intención de conseguir a palla suficiente para facer, eles mesmos, os fachucos para o Entroido 2020. Con vestimentas e música tradicionais saíron do Museo Galego do Entroido ata a rúa Camiño da Roda onde se levou a cabo a sega que comezou sobre as 19:20, un pouco máis tarde da hora prevista con anterioridade.

Comezando enerxicamente os seitureiros e seitureiras, entre os que se incluían nenos e nenas, conseguiron reunir un carro de palla e finalizada a xornada proseguiron coa posterior merenda na que non cesou a música.  

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/sega-da-comezo-ao-entroido-2020/20190805143707017219.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia