Imprimir

Sinistro vial na estrada de Xinzo a Blancos dunha veciña de Xinzo

Dende a Limia | 09 de agosto de 2019

Saída da vía dun turismo, que tras dar dúas voltas de campá completas no aire, termina envorcado lateralmente

3

Sobre as 08:40 horas do día de hoxe, á altura do quilómetro 2,300 da estrada provincial OU-1112 (Xinzo - Blancos), termo municipal de Xinzo de Limia , Jenifer F.A. de 34 anos e veciña de Xinzo de Limia trasladábase  nun peugeot 206 tendo unha  saída de via pola marxe izquierdo e posterior choque contra a “tajea”  dando  dúas voltas de campá no aire co turismo, resultando a súa condutora e unica ocupante ferida de pouca gravidade.O coche ten sinistro total.

No momento do accidente circulaba da devandita localidade cara á poboación  dos Blancos onde traballa no servizo de axuda a domicilio. uns obreiros que traballaban na reparación dun tellado. Foron testemuñas oculares do sucedido e non daban crédito a que a condutora só resultase ferida leve.

Nesta mesma estrada, o pasado dia 5 de agosto, rexistrouse unha vítima mortal.

Nas labores de auxílio interviron: os bombeiros de Xinzo, Protección civil de Xinzo, unha  ambulancia do ou 61. patrulla de seguridade cidadá do posto de Xinzo e equipos de atestados do destacamento de Verín.

4

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/sinistro-vial-estrada-xinzo-blancos-dunha-vecina-xinzo/20190809165313017260.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia