Imprimir

Un Esquecemento para lembrar

Dende a Limia | 10 de julio de 2019

Unha das festas máis importantes da Limia volve, pero esta vez con notables cambios. O bar xa non será sometido a subasta pública

Este ano Décimo Xunio Bruto volverá atravesar o río Limia na tradicional recreación histórica da Festa do Esquecemento, pero desta volta o fará con algúns cambios que afectan principalmente á organización do evento.

De primeiras, os cálculos presupuestarios realizados polos propios organizadores da festa apuntan a un total de 56.000 euros, cifra que xa inclúe o aporte económico que, nun principio, fará o concello de Xinzo de Limia. Así mesmo, coa intención de inflar dito presuposto aumentaron a cota dos socios, pasando dos 10 euros de anos anteriores a os 20 deste ano. Esta situación non afectou negativamente ao número de persoas inscritas, senón todo o contrario, xa que as cifras eleváronse de 450 a 500 persoas que participarán de maneira activa.

IMG-20190620-WA0023Deste xeito, haberá ao redor de 270 castrexos, 190 romanos e 32 escravos. Un dos portavoces da Asociación Cultural Civitas Limicorum, que organiza o evento, apunta que, “cremos que é un dos anos máis grandes”. Con estes datos o orzamento de gasto ascende preto dos 40.000 euros cun superávit que chega aos 16.500 que tamén se invertirán na festa, producindo notables melloras en case todos os ámbitos do Esquecemento deste ano. Deste xeito, fixarase un total de catro concertos, duplicando o número do ano anterior e aumentando a música nas rúas. En canto ao tema infraestruturas, produciranse os cambios máis salientables que inclúen a mellora do portalón cunha pasarela por enriba e a remodelación do bar que pasará a ser un castro situado no medio do campamento para que sexa o máis acesible posible. Ademais disto, o bar xa non será sometido a subasta pública como dende hai anos se leva facendo; agora estará a cargo da comisión de festas. Outra nova será a remodelación do campamento co obxectivo de facelo o máis real posible. Deste xeito, ergueranse casetas polo medio, de maneira máis aleatoria, e a zona de concertos estará situada mirando cara a saída de emerxencias. No referente ás actividades, a meirande parte aínda están sen concretar, mais o esencial como o circo romano, o teatro, a xincana e a cetrería xa están aseguradas. O tradicional mercadillo manterase, pero menguará de 40 a 20 postos. Segundo asegura a propia organización, “o mercado baixa en número, pero sube en calidade”. Pola seguridade non haberá que preocuparse, está garantida, xa que o comité continuará cumprindo a normativa vixente e inclusive incluirá melloras.

Só queda agardar mentres se pon todo apunto, pero todo sinala a que esta edición da tradicional festa de romanos e castrexos non deixará indiferente a ninguén.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/un-esquecemento-para-lembrar/20190710181229017048.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia