Imprimir

Xa pasaron por Xinzo os vándalos!!!!!!

Dende a Limia | 15 de julio de 2019

Parece ser que este fin de semana os ou as, non tiñan outra cousa mellor que facer para divertirse que desfacer o que tanto esforzo e cartos nos costa aos contribuíntes deste pobo.

A súa “diversión” consistiu esta vez en arrincar as plantas que tan solo tres días antes o Concello puxo no xardín da pantalla e para rematar a faena un banco de pedra do casco antigo.

Así non hai maneira de ter un pobo limpo, agradable e bonito que todos desexamos.

Supoñemos que a cabeza quedoulles descansada, aínda que foi unha pena,  que os anacos do banco non lle caeran por encima  dun xeonllo e cando estaban a voltas coas plantas, “que todos sabemos que son un perigo para a saúde” , non aparecerán as forzas de seguridade. Outra vez será!!.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/xa-estan-aqui-vandalos/20190715115749017083.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia