Imprimir

Os xogos populares nunca pasan de moda

Dende a Limia | 14 de agosto de 2019

page 2
page 2
Venres 16 de agosto na Praza da Constitución

As novas tecnoloxías poden ser tan útiles como entretidas, en concreto o teléfono móbil ofrece gran cantidade de aplicacións para manter aos máis pequenos entretidos. Sen embargo, é importante preservar e manter algunhas prácticas tradicionais, en especial a que se refire aos xogos ao aire libre. Xogos que forman parte da memoria e da historia de pais e avós, pero que agora poden formar parte, tamén, do presente de fillos e netos. Os máis cativos teñen a oportunidade de volver a desfrutar ou entrar en contacto por primeira vez cunha serie de xogos populares que o Concello de Bande ofrecerá este venres 16 de agosto dende ás 11:00 horas na Praza da Constitución. Actividades como o tira e a frouxa, a petanca, a piñata, xogos con aros, con auga... clásicos que nunca pasan de moda e que amenizarán a tarde dos máis pequenos e daqueles non tan pequenos que queiran recordar vellos tempos.

E hora de esquecer os aparellos tecnolóxicos, aínda que sexa por un breve momento, e adentrarse neste repertorio de pasatempos que unirán a nenos e maiores.

 

Cartel xogos populares 2019

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/bande/xogos-populares-nunca-pasan-moda/20190814000654017339.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia