Dende a Limia
22:58 h. Miércoles, 29 de Marzo de 2017

Quen somos

DendeALimia.com é un medio de comunicación ao alcance de todos e para todos, no que a información local e a independencia son os principais valores. DendeALimia.com pretende ser un espazo aberto ao que acontece na túa terra, na túa casa, o máis preto de ti. En definitiva, interesámonos por  aqueles temas que máis inflúen na túa vida e nas dos que coñeces, que moitas veces son esquecidos ou simplemente obviados polos grandes xornais, radios e televisións do país.

O portal DendeALimia.com aspira a ser tamén, voceira do sentir cidadán que adoita ter difícil atopar un escaparate, un medio a través do cal comunicarse e facer valer os seus dereitos. Pero sobre tódalas cousas quere ser o xornal limiao e dos limiaos, e nel esperamos se reflicta o carácter de todos aqueles que tiveron a sorte de nacer preto do río Limia.

Aceptamos así mesmo o reto de levar a cabo un dixital no que estea patente a pluralidade de opinións, ideas e crenzas, fieis ao principio de que na diversidade está a riqueza intelectual e espiritual. O noso obxectivo será ofrecer sempre as dúas caras da moeda para que despois o lector, facendo gala do seu espírito crítico e soberano, xulgue e decida por si mesmo.

Colaboradores expertos nos temas máis diversos acompáñannos nesta bonita aventura regalándonos a súa sabedoría, e aportando valor engadido e variedade de contidos que van máis alá da información pura. Os seus artigos serán pequenos balóns de aire fresco elaborados desde o coñecemento, a experiencia e o saber facer, intentando incluír novos e innovadores enfoques aos temas de sempre, e sobre todo, savia nova que faga reverdecer a Limia.