Lobios será a sede do II Seminario Internacional de Educación Social, co apoio da Deputación de Ourense

Presentación do : II Seminario Internacional de Educación Social e II Convivencia Profesional de Educación Social.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación en rolda de prensa do II Seminario Internaci
Lobios será a sede do II Seminario Internacional de Educación Social, co apoio da Deputación de Ourense

Estas xornadas que inclúen a II Convivencia Interuniversitaria e Profesional na Serra do Xurés, reunirán do 29 de setembro ao 1 de outubro, a centos de persoas de diferentes institucións académicas de Galicia, Asturias, País Vasco e Portugal

O II Seminario Internacional de Educación Social e a II Convivencia Interuniversitaria e Profesional na Serra do Xurés, reunirán do 29 de setembro ao 1 de outubro en Lobios, co apoio da Deputación de Ourense, a centos de persoas de diferentes institucións académicas de Galicia, Asturias, País Vasco e Portugal.

A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o vicerreitor da Universidade de Vigo do Campus de Ourense, Javier Rodríguez; o decano da Facultade de Educación e Traballo Social, Xosé Manuel Cid; a alcaldesa de Lobios, Mª del Carmen Yáñez; e en representación do Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Deibe Fernández.

Presentación do : II Seminario Internacional de Educación Social e II Convivencia Profesional de Educación Social.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación en rolda de prensa do II Seminario Internacional de Educación Social e a II Convivencia Profesional e Interuniversitaria. Tamén participan María del Carmen Yáñez Salgado (Alcaldesa de Lobios), Xosé Manuel Cid Fernández (Mestre do Campus de Ourense), Javier Rodríguez Rajo (Vicereitor do campus de Ourense) e Deibe Fernández Simo (Representande de CESGA - Colexio de Traballadores Sociais de Galicia).
Presentación do : II Seminario Internacional de Educación Social e II Convivencia Profesional de Educación Social.

Trátase dun evento “referente na Educación Social do noroeste peninsular que ofrece un amplo e variado programa de actividades que permitirá o intercambio de coñecementos entre profesionais, estudantes e veciños, poñendo en valor esta profesión nun marco incomparable como é Lobios”, salientou Rosendo Fernández.

Pola súa parte, o vicerreitor do Campus de Ourense reivindicou a importancia desta profesión que “complementa o labor dos mestres, chegando a lugares a onde ás veces non pode chegar o maxisterio”. Así mesmo, agradeceu a colaboración da Deputación para “achegar a cultura a todos os eidos da provincia”, levando este tipo de actividades ao rural para dar visibilidade á profesión, pero tamén a zona do Xurés entre os participantes no Seminario.

Formación, convivencia, etnografía e cultura con alumnado de 10 institucións académicas do noroeste peninsular

Deibe Fernández explicou que este evento pretende ser “un espazo no que poidan convivir figuras profesionais, docentes das Universidades e alumnado que, ao mesmo tempo, se enriquezan da etnografía, cultura e natureza do Xurés”. Por elo, a alcaldesa de Lobios agradeceu ao Colexio a súa aposta por escoller o seu concello para celebrar esta actividade a pesar do “esforzo loxístico” que supón organizalo nun territorio rural. Neste sentido, o decano da Facultade de Educación e Traballo Social salientou a importancia desta convivencia afirmando que “o rural e a xuventude universitaria necesítanse mutuamente”.

O programa divídese en dous espazos: o primeiro está dedicado ao Seminario no que haberá 18 obradoiros que abranguen diferentes temáticas vinculadas directamente co marco da acción da Educación Social, e a segunda parte do programa está enfocada á convivencia do alumnado participante das 10 institucións académicas do noroeste peninsular cos profesionais e profesorado, como coa veciñanza do Xurés. A parte formativa compleméntase con actividades ao aire libre para que os participantes coñezan a zona a través dun paseo polo Parque Natural e dun baño nas termas.