O PSDEG-PSOE de Lobios non entende o peche do balneario ata marzo

Foto arquivo balneario de Lobios
O PSDEG-PSOE de Lobios non entende o peche do balneario ata marzo

Os e as socialistas manifestan que a decisión levada a cabo por Caldaria provoca “nefastas” consecuencias no municipio e esixen solucións a Concello e Deputación para que “busquen fórmulas que eviten o peche que ano tras ano se produce no balneario”

O PSdeG-PSOE de Lobios alerta que o peche do hotel-balneario de Lobios, levado a cabo no día de onte, e que se prolongará ata ben entrado o mes de marzo, suporá un “grave” prexuízo para a economía local e para o municipio. Os e as socialistas critican a decisión de adiantar o peche ao mes de novembro, cando segundo afirman “non cesan as chamadas de persoas para reservar prazas tanto no balneario como noutros negocios hoteleiros do concello”.

 Dende a Agrupación Socialista de Lobios manifestan que a decisión levada a cabo por Caldaria, a cadea de hoteis balnearios da Fundación San Rosendo que xestiona esta concesión, provoca “nefastas” consecuencias no municipio. Por un lado poñen o foco nos traballadores e traballadoras, con contratos fixos indefinidos que durante o peche “terán que desprazarse ao balneario de Laias, tendo que facer centos de quilómetros diariamente, ao que se suma o gasto en combustible”. Neste senso tamén relatan que a decisión “supón que, un ano máis, os empregados e empregadas teñan problemas para conciliar a vida laboral e familiar”. Ademais os traballadores e traballadoras fixos descontinuos , a gran maioría, “terán que optar polo paro nestes meses, co que lle supón para os seus petos, xa que cobrarán moito menos”.

O concelleiro e secretario de organización do PSdeG-PSOE de Lobios, Patrick Rodríguez, considera que o peche do hotel-balneario de Río Caldo “pon de manifesto a ausencia de iniciativa por parte da alcaldesa, María del Carmen Yáñez”, xa que tal e como subliña “prefire mirar para outro lado, namentres pecha o principal motor turístico e económico da vila, que buscar alternativas para evitar o peche”. O edil socialista tamén pon o foco en que o peche desta vez “agrávase, xa que se adianta o cese de actividade practicamente a un mes antes e prolongarase máis que outros anos, provocando que o prexuízo sexa aínda máis longo”.

“A alcaldesa de Lobios está instaurada no desleixo e o abandono a vila e non representa á veciñanza, pos négase a dar a cara e a loitar polos intereses dos veciños e veciñas que traballan no balneario, nin tampouco polo beneficio económico e social que lle supón o resto da veciñanza o complexo termal”, afirma Patrick Rodríguez. O concelleiro socialista tamén desmonta os argumentos de que “non hai demanda nestes meses”, xa que segundo explica “nas últimas semanas, ducias e ducias de persoas chamaron para facer reservas en próximas datas, pero atopáronse coa negativa do balneario debido o cese de actividade”. Neste senso apunta a que “nas últimas semanas o balneario estivo cheo, incluso outros negocios hostaleiros e hoteleiros da vila viron incrementada a súa demanda de servizos pola chegada de centos de turistas a Lobios”. Ante esta situación Rodríguez afirma que “estamos ante un peche totalmente inxustificado”. 

Críticas o cinismo da alcaldesa

 O PSdeG-PSOE de Lobios tamén critica o “cinismo” da alcaldesa e o seu equipo de goberno, ao publicar nas redes sociais do concello de Lobios unha mensaxe na que falan de “impulsar” o termalismo, trala reunión na Deputación da www.psdegpsoeourense.es 988 370 386 Ribeira de Canedo 24-26 32001 Ourense PSdeGdeOurense chamada mesa termal, o mesmo día que pechan o balneario. Os e as socialistas apuntan a que “é indignante que se vendan as bondades do termalismo, cando a alcaldesa e o Partido Popular danlle as costas o mesmo, co peche do balneario e privando a Lobios e a contorna dun dos seus principais motores económicos”