Dis que din que Carlos Gómez xa non vai ter o voto de Rafa

Rafa Penabad
Dis que din que Carlos Gómez xa non vai ter o voto de Rafa

 Poucas horas despois da “bomba” informativa deste Entroido, no día da visita do Ministro a Limia, en que Rafa Penabad, eclipsaba a noticia do Ministro declarando que ía a votar a favor da dedicación de Carlos Gómez, dicimos que as poucas horas, NON  cambiou de opinión, se non que ante a petición de Elvira Lama e demáis membros do partido no sentido de que non o fixera, Rafa accede a seguir a postura que teña o seu partido en Xinzo, no caso que Carlos Gómez pretenda a dedicación exclusiva, unha vez que non estará nas listas do PP ao Parlamento Galego.