O derbi Júnior feminino con Allariz quedou na casa

Júnior feminino 2023
O derbi Júnior feminino con Allariz quedou na casa

 Neste momento hai unha tripla empate con Allariz e Blanco Amor

Este foi un bo fin de semana para o A.B. Xinzo con 10 vitorias e 5 derrotas co que os ánimos seguen arriba en algunha das categorías como pode ser as Júnior feminino que a falta dun enfrontamento co Blanco Amor en Ourense poden ser primeiras de grupo en Ourense e os cadetes masculinos que seguen en racha.

IMG 20240310 WA0025

Equipo Sénior feminino 2023

Non así os Sénior masculinos que tamén seguen a racha de partidos perdidos no último cuarto, cun parcial negativo de 15 puntos, contra o Salesianos de Vigo, despois de ir gañando todo o partido.

Tampouco as Sénior féminas teñen unha boa tempada, contando cunha soa vitoria. Espérase que cos entrenos vaian collendo máis confianza para alzarse co triunfo en algún partido máis dos que quedan.

Os infantís, masculino e feminino resolveron con facilidade os seus desprazamentos ao o Barco e a Ourense.

 De infarto foi o final do partido que disputaron os rapaces do preinfantil 2011de liga galega que foron durante todo o partido por detrás no marcador, chegando a perder de 20 puntos, diferencia que foron reducindo para chegar aos últimos segundos cun marcador 3 puntos por riba do contrincante Seis do Nadal de Vigo.

Os equipos femininos infantil 201 e os mini 2012 e 2013 tamén perderon nos seus desprazamentos a Ourense. Polo contrario os minis masculinos 12/13 gañaron os seus respectivos partidos, estando os últimos na zona de arriba da clasificación onde se xogan os primeiros postos da liga.