14 de abril, conmemoración da república e nomeamento do novo goberno galego.

Carlos Gómez ex-parlamentario e Cristina, posible nova parlamentaria
14 de abril, conmemoración da república e nomeamento do novo goberno galego.

Xa sei que parece incrible que nos tempos que corren se poida estar 2 meses cun goberno en funcións, pero ata ese día ou o 7, como moi pronto non haberá goberno galego.Despois loxicamente pasarán 15 días ata que se nomeen os segundos e terceiros escalóns da administración para que poidamos saber si a nosa “flamante” concelleira de deportes deixa o goberno municipal e toma posesión como nova parlamentaria galega.

 Ese é un dos días posibles para que o novo goberno de Rueda tome posesión. Xa sei que parece incrible que nos tempos que corren se poida estar 2 meses cun goberno en funcións, pero ata ese día ou o 7, como moi pronto non haberá goberno galego.

Despois loxicamente pasarán 15 días ata que se nomeen os segundos e terceiros escalóns da administración para que poidamos saber si a nosa “flamante” concelleira de deportes deixa o goberno municipal e toma posesión como nova parlamentaria galega. Si así acontecese, teríamos que botar man de Julio Cesar (Emperador)  e a súa frase Veni, vidi, vici, para darnos conta da carreira meteórica da concelleira “sorrinte” que apareceu de repente na política municipal, e moito nos alegraríamos que na Autonómica.

Non así está de contento e satisfeito o concelleiro Carlos Gómez que deixou o escano no parlamento, non a vontade propia, pero iso si por vontade dos que mandan nesas cousas. E agora, anda desesperado buscando acougo nalgunha outra administración provincial para conseguir seguir cobrando do heraldo público, porque a dedicación que ao parecer solicita do concello de Xinzo está “pelín” complicada.

Non solo porque as arcas municipais se resentirían un pouco máis do que están e porque dis que din, que si o consegue,(a outra)  tería que ser coa condición de que deixara a acta de concelleiro, cuestión que a el (parece ser);(dis que din),  non lle fai gracia.

Veremos co tempo como se soluciona este problema.

De momento toca esperar, mirar as estrelas a ver si teñen algún augurio ou presaxio. Tamén o que pode facer o ex-parlamentario,  segundo dicía miña sogra, é poñerlle unha veliña ao San Xudas Tadeo, que bo non será, pero malo tampouco.