SANDIÁS CULTIVA A MEMORIA
O concello de Sandiás da comezo a terceira etapa dos obradoiros de estimulación cognitiva en colaboración coa asociación de alzheimer de ourense (afaor).
O obradoiro comeza o venres, 5 de Abril ás 16.00 h no Local Social de Sandiás. A Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) en colaboración coa Concellaría de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen a terceira etapa dos “Obradoiros de Psicoestimulación e prevención do deterioro cognitivo” destinados a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2024, despois das exitosas convocatorias dos pasados anos 2022 e 2023.
A partir dos 60 anos empezanse a notar pequenos fallos de memoria que nos
preocupan: onde deixei as chaves, ir a coller algo e esquecer o qué, apaguei a
cociña?. Estes obradoiros son importantes xa que con eles traballase a memoria,
atención, linguaxe e fluidez de maneira activa. Os obxectivos do obradoiro, van en liña de traballar o
embexecemento activo. Trátase de
poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais
como o cálculo, o razoamento, a memoria,
e a atención para mellorar as mesmas.
As sesión son moi prácticas e duran noventa minutos e trabállase persoalmente e en
equipo. “Entre os tipos de actividades
que se realizan destacan estimulación cognitiva, psicomotricidade, cálculo,
razoamento, memoria, atención e interactividade con dinámicas grupais,
comunicación e interacción entre as persoas”. De esta maneira tamén aproveitamos para rachar coa soidade e creamos texido
comunitario os poucos onde observar, contrastar, dialogar, divertirse,
compartir experiencias positivas e negativas e animarse mutuamente. Estas actividades, ademáis de preventivas
son actividades para gozalas e non para sufrilas.
Como na segunda
etapa do ano 2023, o mes de marzo e
parte de abril están adicados a campaña de difusión dos talleres e a buscar
persoas interesadas entre a veciñanza.
Para inscribirse nos obradoiros, poden dirixirse ao teléfono da Casa do
Concello (988 465001) ou cubrir o formulario online na Web do Concello.